Árbores no camiño

Régine Raymond-García & Vanina Starkoff

ISBN: 978-84-9871-731-0

Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: Vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai. A Karim fíxoselle un nó na gorxa e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver.

 

14,90

INFORMACIÓN

Páginas: 36 páxs.

Encuadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: marzo 2024

Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai. A Karim fíxoselle un nó na gorxa, e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver.

A historia trasládanos a facilidade coa que un neno pode perderse apenas se separa da man dos pais. Noutros casos, o pequeno atopa territorio hostil ou tenebroso; aquí , a nai natureza protexe e coida a Karim como un máis dos seus fillos.

Régine Raymond-García escribiu esta historia ao volver dunha viaxe a Burkina Faso, fascinada pola consideración dos seus habitantes pola árbore vermella e polo baobab, pola súa alegría de vivir a pesar das dificultades, e por sacar proveito da natureza dun modo intelixente”.

Pero este conto non se centra só no amparo que a natureza-nai ofrece ao home; tamén avisa da necesaria reciprocidade por parte do ser humano, que debe exercer a mesma protección e respecto sobre o ecosistema, para garantir a súa sustentabilidade.

Para a ilustradora, Vanina Starkoff, foi tamén como facer unha viaxe por Burkina Faso, as súas imaxes e a súa música, para mergullarse “nesas marabillosas terras africanas”, traballando cunha paleta de cores “saturadas, brillantes e alegres”, acrílicos sobre papel, con algunhas texturas
e os debuxos dixitais, segundo o estado de ánimo e as emocións polas que atravesaba Karim: amarelo e vermello para escenas onde se sente protexido, turquesas cando se sente perdido.

Últimos productos