Achís! (GAL)

José Carlos Andrés & Laura Tova

ISBN: 978-84-9871-435-7, 978-84-9871-436-4

Na casa vivían papá, mamá e un gato enorme.

Os tres eran moi felices, ata o día en que chegou un bebé.

14,90

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 36 págs

Encadernación: Cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: abril 2021

Na casa vivían papá, mamá e un gato enorme.

Os tres eran moi felices, ata o día en que chegou un bebé.

 

Mamá e papá estaban encantados; pero, cando o gato se achegou a ver o bebé:

Achís! O bebé tíñalle alerxia ao gato…

Achís! O gato tíñalle alerxia ao bebé….

 

É normal que mamá e papá enfronten dúbidas, medos e inquietudes cando nace o seu primeiro bebé.

Calquera circunstancia imprevista pode resultar inquietante na nova realidade familiar.

Despois do susto inicial e unha procura desesperada de solucións domésticas,

a complicidade entre o gato e o bebé fai que, entre risas e esbirros, todo volva á “normalidade”.

 

Cun texto sinxelo, de estrutura simétrica, este álbum descóbrenos a sensación que podemos

experimentar diante dun imprevisto. Permite falar de sentimentos, de resolver situacións para saír

adiante, e afonda nas emocións dos nenos desde a empatía e o vínculo que, xa desde bebé, se pode

establecer cunha mascota, ensinándonos a responsabilidade que isto conleva.

 

Apoiándose en imaxes tenras, suxestivas e moi persoais, Laura Tova debuxa un gato divertido,

traveso
e experto en camuflaxe, contribuíndo desde a imaxe a crear unha historia cálida, optimista

e chea de
agarimo, que nos ensina a importancia de afrontar as dificultades con humor, adaptándonos

a aquilo que
en principio nos desconcerta, e amosándonos a necesidade de adaptarnos para convivir

en harmonía

Últimos produtos