A voda do Galo Pinto

Juan A. Belmontes & Natalie Pudalov

ISBN: N/A Category

Había tempo que Galo Pinto quería engaiolar a Xiana, e a vaca Gallarda fixo de casamenteira.
O curral estaba revolucionado: as pitas poñían ovos para facer unha torta, os porcos cortaban flores, un coro de ovellas ensaiaba cancións para a cerimonia…

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 40 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: Xuño 2024

Había tempo que Galo Pinto quería engaiolar a Xiana, e a vaca Gallarda fixo de casamenteira.
O curral estaba revolucionado: as pitas poñían ovos para facer unha torta, os porcos cortaban flores, un coro de ovellas ensaiaba cancións para a cerimonia…

Unha voda case sempre é motivo de ledicia, por iso todos na granxa estaban contentos, todos menos a Raposa da Matogueira, que non podía toleralo. O galo críase superior; a súa única pretensión era obter agasallos e ter ao seu servizo unha criada para resolver as súas necesidades… A raposa non deixaba de pensar niso: como podía casar “a súa nena de prata” cun galo tan fachendoso e interesado?

Juan Alfonso Belmontes convídanos a reflexionar sobre valores e sentimentos, tecendo unha emocionante e singular historia de amor; un triángulo no que non faltan penas, ciumes, enganos, cobiza, enredos… A ilustradora, Natalie Pudalov, reflicte a través da imaxe as características máis significativas da personalidade dos principais protagonistas: A vaidade e o egoísmo son os trazos máis relevantes do Galo Pinto, que camiña teso e orgulloso, coa cabeza alta e exhibindo unha fabulosa cola. Cobre o rostro cunha máscara, simbolizando a alguén que oculta as súas verdadeiras intencións. Xiana, vítima do galo, denota no seu aspecto certa fraxilidade e inxenuidade. Adórnase con flores e leva roupa sinxela. Os elementos da súa caracterización inciden na inocencia e pureza do personaxe: é unha leiteira de mandil branco como a neve, a súa pel é de prata… A Raposa da Matogueira é humilde e sabia. Aparece en segundo plano vixiando que a súa nena non caia na trampa do galo.

Resulta tamén significativo o modo en que Natalie debuxa os agasallos de voda: dentro de burbullas. En realidade non son máis que promesas baleiras, fráxiles como pompas de xabón, que corren o risco de esvaecerse.

Últimos produtos