A visita dos troles (GAL)

Darabuc & Katrina Kopeloff

ISBN: 978-84-9871-578-1, 978-84-9871-579-8

Cada ano,

cando o sol se bota a durmir por última vez,

un grupo de troles salvaxes entra violentamente naquela casa

para devorar unha suculenta cea.

Se non tivesen servida semellante cea,

os troles cometerían algunhas atrocidades.

A axuda do monstro devoratroles

será decisiva para superar tan difícil situación.

14,90

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 36 págs

Encadernación: Cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: septiembre 2017

Cada ano,

cando o sol se bota a durmir por última vez,

un grupo de troles salvaxes entra violentamente naquela casa

para devorar unha suculenta cea.

Se non tivesen servida semellante cea,

os troles cometerían algunhas atrocidades.

A axuda do monstro devoratroles

será decisiva para superar tan difícil situación.

Unha intrépida viaxeira e o seu xigantesco acompañante traballan,

con toda a présa do mundo, pero coa cabeza fría e unha boa dose de sagacidade,

para axudar unha boa e inocente familia que leva anos atemorizada

por uns personaxes de rabos longos e tamén rabelos, orellas pequenas e tamén orrelludos,

que comen coma lobos, berran como hienas e manchan coma porcos.

Cando esa noite os bárbaros personaxes sentan á mesa, só atopan fontes baleiras.

A aparición do monstro devoratroles, cuberto cunha pel de oso e ensinando os dentes,

resolverá definitivamente o problema.

Un conto popular escandinavo que “Gonzalo García “Darabuc” adapta da tradición oral,

como fixo xa con títulos como “Sopa de nada”, “Tres han de ser” ou “A partes iguais”,

todos eles publicados en OQO.

As imaxes da ilustradora americana Katrina Kopeloff, feitas con pluma e tintas, de trazo sinxelo, suavemente coloreadas con acuarelas, e unha tipoloxía moi persoal, achegan ao texto unha visión divertida e chispeante, e unha sensación de movemento e calidez que non pasa desapercibida para
o lector infantil.

Últimos produtos