A visita dos domingos

Matteo Gubellini

ISBN: N/A Category

Pola noitiña volvemos á casa. Seguro que mamá está preparando a cea. Entramos nas puntas dos pés, para non facer ruído ningún. ?AAAI! Por que me metedes estes sustos? Sodes uns monstros! ?Mamá! Os monstros temos que asustar! Todo o mundo o sabe!

 

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 36 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: febrero 2011

Pola noitiña volvemos á casa. Seguro que mamá está preparando a cea. Entramos nas puntas dos pés, para non facer ruído ningún. ?AAAI! Por que me metedes estes sustos? Sodes uns monstros! ?Mamá! Os monstros temos que asustar! Todo o mundo o sabe!

 

Os nenos senten atracción polos personaxes fantásticos e gozan créndose protagonistas de mundos imaxinarios. A imaxinación permítelles vivir outras realidades, moi diferentes ás súas. Matteo Gubellini, artista italiano con títulos publicados en prestixiosas editoriais infantís de Italia ou Francia, atrévese en A visita dos domingos a contar unha historia e non só a ilustrala, tal e como fixo na súa primeira colaboración para OQO editora con A casa da miña avoa.

 

Este conto enxalza a importancia da implicación dos pais para potenciar e alimentar a imaxinación dos nenos, tan necesaria para a creatividade tanto de pequenos como de adultos. “O xogo entre pais e fillos, a través da ficción e da fantasía, é moi importante”, argumenta Gubellini que cre “fundamental” alimentar a imaxinación dos pequenos como unha forma eficaz de que “nunca estean sos”. Ademais, a entrega total e cooperación dos adultos neste tipo de xogos afianza que crezan sentíndose “amados e protexidos”. A particularidade de que este monstro que visita cada domingo ao noso protagonista inspire simpatía, complicidade e afecto, converte a esta historia nun bo instrumento para axudar a superar os medos infantís.

A xente ten medo dos nosos gruñidos, e só os máis valentes se atreven a achegarse. Pasamos horas xogando no parque. (…) Imos na procura de tesouros: facemos buratos na area, remexemos entre a herba… E sempre hai sorpresas!

O desenlace de A visita dos domingos corrobora a advertencia de que as aparencias enganan e de que, aínda que a imaxinación debe estar presente en todas as facetas cotiás dun neno, tamén o retorno ás normas faise indispensable na convivencia en familia.

—Veña, a túa nai ten razón! Hoxe xogamos abondo –di o monstro con voz rouca.

Do mesmo xeito que en A casa da miña avoa, nas ilustracións de Matteo Gubellini hai sempre unha procura de espazo e profundidade. Por iso, cada composición é diferente. O artista italiano revelou que o uso da técnica do pastel permitiulle neste traballo satisfacer esa necesidade, a través dunha rica gama de matices de luces e sombras.

 

Texto e ilustracións de Matteo Gubellini Traducción do italiano de Marisa Núñez e Matteo Gubellini

Últimos produtos