A viaxe das bolboretas

Paula Carbonell & Chené Gómez

ISBN: N/A Category

Don Vermiño propuxérase percorrer os cinco metros que separaban a laranxeira do limoeiro.

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 40 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: junio 2014 - Reedición

Don Vermiño propuxérase percorrer os cinco metros que separaban a laranxeira do limoeiro. De camiño unha pulga, unha formiga, unha xoaniña, unha tesoiriña e un grilo deciden acompañalo. Mais, ao chegar ao seu destino, Don Vermiño segue só e aparece unha temible avespa…

 

Paula Carbonell parte de recursos formulísticos propios da tradición oral, como a utilización de estruturas acumulativas e a repetición de acontecementos, que propician e facilitan a memorización do texto. Sobre esta base, crea un conto sinxelo en aparencia pero que ten tamén unha segunda lectura. O percorrido que a eiruga fai da laranxeira ao limoeiro, durante o que se lle van sumando distintos compañeiros de viaxe, acaba sendo unha metáfora da propia vida: a mudanza dun estado cara á outro; a aparición de amigos, ou de inimigos, e conflitos que só se poden superar coa solidariedade e, finalmente, o amor.

 

Chené acompasa o texto cunhas ilustracións frescas, cuns debuxos sinxelos, pero de gran riqueza expresiva, grazas a unha brillante combinación de técnicas. Consegue fuxir do clixé acerca dos insectos que todos temos no noso imaxinario colectivo. As imaxes están cheas de ritmo: nos personaxes, na continuidade das secuencias e na paleta de cores empregadas, cores naturais nada convencionais.

 

Neste seu segundo álbum ilustrado, Chené afianza un estilo propio, sintético e moi particular que constrúe escenarios cos mínimos elementos necesarios.

 

Texto de Paula Carbonell Ilustracións de Chené Gómez

Últimos produtos