A noite das mudanzas

Pep Bruno & Lucie Müllerová

ISBN: N/A Category

Granxeiro Leiro daba voltas e máis voltas na cama, pero non podía durmir: esquecera tomar o seu vaso de leite! Ergueuse coa idea de ir muxir a vaca, pero aquela era a noite das mudanzas e, cando chegou á corte, atopou…

 

 

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 40 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: octubre 2018

Granxeiro Leiro daba voltas e máis voltas na cama, pero non podía durmir: esquecera tomar o seu vaso de leite! Ergueuse coa idea de ir muxir a vaca, pero aquela era a noite das mudanzas e, cando chegou á corte, atopou…

 

 

Os máis pequenos senten unha curiosidade innata polos animais e polas súas características. Se a isto engadimos, o pensamento animista, segundo o cal, as crianzas, mediante un mecanismo de analoxía, lles atribúen aos animais a capacidade de pensar, actuar ou falar como os humanos, velaí a explicación do éxito dos contos de animais entre os cativos. Con este álbum, os nenos achéganse aos animais da granxa dunha maneira distinta e divertida.

 

Cunha proposta de texto sinxela, mais lúdica e imaxinativa, o álbum apóiase na complicidade da imaxe e na súa intensidade narrativa para provocar nos lectores a curiosidade, a sorpresa e, finalmente, o sorriso. Un libro para que adiviñen o que vai pasar, para que recorden o que hai detrás de cada páxina, e para que descubran ata onde pode chegar a imaxinación exaltada dos animais nunha noite de mudanzas.

 

A ilustradora checa Lucie Müllerová, a partir do seu orixinal e particular imaxinario creativo compón simpáticos personaxes de animais, e cada un deles cunha personalidade propia, o que reforza aínda máis o efecto humorístico do texto.

 

 

Texto de Pep Bruno

Ilustracións de Lucie Müllerová

Últimos produtos