Unha noite, Papá León foi visitar o picapau e encargoulle unha máscara lixeira como unha pluma, fría como o odio e vermella como a ira.
14,00€ – 14,90€
Unha noite, Papá León foi visitar o picapau e encargoulle unha máscara lixeira como unha pluma, fría como o odio e vermella como a ira.
O paso á idade adulta do chamado a ser Rei da sabana é usado por Margarita del Mazo como un argumento contra clixés e convencionalismos O álbum encerra unha crítica a todos aqueles que viven as súas vidas, conforme ao que os demais esperan deles. Ademais, alerta das dificultades á hora de alcanzar algo tan simple, e á vez tan complicado, como ser un mesmo. A organización cromática (vermellos, amarelos, azuis) das ilustracións de Paloma Valdivia reforza a localización xeográfica da historia e a súa carga dramática, o que non é incompatible con outras funcións das cores, como acentuar o carácter positivo e alegre dos protagonistas, ou complementar a carga narrativa do texto. O traballo da ilustradora chilena destaca tamén polo alto grao de iconicidade dos personaxes, sobre todo no caso dos secundarios, en simbiose perfecta cos que ocupan os primeiros planos. Ademais, a autora deléitanos con estilizados esquematismos gráficos e cunha figuración tan persoal como recoñecible.
Texto de Margarita del Mazo Ilustracións de Paloma Valdivia