Colección OQOdixital

A cousa que máis doe do mundo

Paco Liván & Roger Olmos

ISBN 978-84-9871-566-8

19,95

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs + contrasinal
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación febreiro 2019

LIBRO + INTERACTIVO

Este libro propón a lectura en soporte papel e, ademais, dispón dunha aplicación interactiva que contén diferentes actividades para implementar en distintos soportes tecnolóxicos (tabletas, teléfonos, computadores): escoitar a narración do libro en varias linguas (español, francés, inglés); facer unha gravación do texto do libro; ver unha película de animación baseada no libro; actividades para debuxar interactuando cos personaxes do libro; facer un cómic; facer unha pequena obra de teatro; actividades de reforzo de memoria…, son todas elas propostas que permiten que o tempo de lectura do libro se prolongue usando as novas tecnoloxías. O obxectivo é acadar unha mellor comprensión do contido (texto e imaxes) do libro e tender vínculos entre o mundo físico e o mundo dixital.

Descrición

Recensión do libro reducida

A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns. «A mentira é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a hiena bota a rir. Para demostrarllo, a lebre elaborará, na porta de palacio, un «pastel» moi especial que vai provocar a cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas, expertas en ca…case todo tipo de cheiros, buscarán entre os animais, o culpable de semellante obra.