Colección

A casa da miña avoa

Pep Bruno & Matteo Gubellini

ISBN 978-84-9871-210-0

14,90

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 paxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación outubro 2009

Sae da vila, colle o camiño que leva ao val profundo, entra no bosque escuro e busca unha casa solitaria rodeada por un valado… Se te atreves, claro!

 


Descrición

Sae da vila, colle o camiño que leva ao val profundo, entra no bosque escuro e busca unha casa solitaria rodeada por un valado… Se te atreves, claro!

 

O escritor catalán Pep Bruno, autor en OQO editora de Pétala, A noite das mudanzas e do Libro de contar, atrévese neste álbum a dar o salto ao misterio. Deste xeito, recorre ao suspense e a tensión narrativa para abordar a inquietante —mais finalmente divertida— xornada que vive o meniño protagonista, nun día que cría predicible: comer torta e apagar as candeas.

 

Matteo Gubellini, multipremiado artista italiano, con títulos publicados xa nalgunhas das máis prestixiosas editoriais infantís de Italia e Francia, ofrécenos en A casa da miña avoa unha mostra representativa do seu momento creativo e do seu repertorio plástico, figurativo, formal, cromático… un exemplo da súa apreciable capacidade para acompañar con imaxes unha suxestión narrativa en clave, neste caso, de historia de medo.

 

As pinceladas humorísticas dalgúns elementos animais (paxaro, elefante…) e a súa relativa personificación achegan o lector a unha tipoloxía que suaviza a tensión dramática na que o protagonista se ve involucrado, nunha maraña de claras referencias literarias e cinematográficas.

 

Texto de Pep Bruno

Ilustracións de Matteo Gubellini

 

Tradución do castelán de Antón Fortes