PRIMAVERA DOS LIVROS DE SÃO PAULO (O BRASIL)

PRIMAVERA DOS LIVROS DE SÃO PAULO (O BRASIL)

11/09/2009

OQO editora participou na 14 ª edición da Primavera dos Livros ‘A liberdade de ler o mundo’ que se celebrou en São Paulo do 10 ao 13 de setembro de 2009 no Centro Cultural São Paulo .

A editorial foi invitada para dar a coñecer a súa experiencia dentro dun foro para promover o intercambio de experiencias entre editores independentes de diferentes escenarios internacionais.

A Primavera dos Livros está organizada pola Libre-Liga Brasileira de Editoras. Nun espazo de 700 metros cadrados, no Centro Cultural de São Paulo estiveron presentes editores e autores, intelectuais e outros axentes da cadea produtiva do libro, nunha intensa programación cultural para adultos e nenos, que incluíu mesas redondas e obradoiros.