31ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en Cidade de México

31ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en Cidade de México

29/11/2011

OQO participa na 31ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en Cidade de México, no Circuito Académico Cultural de Outono en Oaxaca e na FIL de Guadalaxara

Presentación de libros, clases maxistrais sobre edición e ilustración, encontros con autores e faladoiros con ilustradores son as actividades que ten desenvolvido OQO, en colaboración co Consello Nacional para a Cultura e as Artes (CONACULTA), en Cidade de México do 11 ao 20 de novembro. Esta iniciativa enmárcase na celebración da 31ª edición da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil da cidade federal.

Svejtlan Junakovic e Belén G. Freijeiro, directora de arte de OQO, presentaron o traballo editorial de Gran libro dos retratos de animais no Centro Nacional das Artes (CENART) e na Universidade Autónoma Metropolitano – Azcapotzalco da Cidade de México.
O CENART acolleu, tamén, un ciclo de conferencias e clases maxistrais de ilustración e edición, impartidas por OQO, do 15 ao 18 de novembro.
Por outra parte, o día 18, tivo lugar a presentación das obras Petra e Macario Dromedario, unha coedición para México de OQO e CONACULTA.

As conferencias e obradoiros para artistas continuaron na cidade de Oaxaca, dentro do Circuito Académico Cultural de Outono que desenvolveu CONACULTA en colaboración co Centro das Artes de San Agustín (CaSa), desde o día 21 ao 24 do presente mes.

As actividades de OQO en México concluíron en Guadalaxara, coincidindo coa celebración da Feira Internacional do Libro, unha das máis importantes do sector en Latinoamérica. Dentro da programación do Salón de Ilustradores, impartiuse unha conferencia sobre a creación de álbums ilustrados os días 27 e 28. OQO participou, así mesmo, nas Roldas de Promoción, que teñen como obxectivo fortalecer a relación entre ilustradores e editores, ademais de propiciar futuras oportunidades de colaboración.