OQO participa en Pombal (Portugal) no X Encontro de Literatura Infanto-Juvenil “Caminhos de Leitura”

OQO participa en Pombal (Portugal) no X Encontro de Literatura Infanto-Juvenil “Caminhos de Leitura”

10/05/2012

— Impartirá dous obradoiros: sobre o proxecto europeo ‘Os contos do Camiño’ e a adaptación ao formato audiovisual dos álbums ilustrados

OQO editora asiste ao X Encontro de Literatura Infanto-Juvenil ‘Caminhos de Leitura’ que se celebra os vindeiros días 11 e 12 na Biblioteca Municipal de Pombal (Portugal).

Mañá venres, Marcos López e Eva Mejuto impartirán o obradoiro ‘Do álbum ilustrado ao cine de animación: eu tamén animo!’. Trátase dun taller teórico-práctico onde se coñecerá o procedemento de adaptación de álbums ilustrados ao formato audiovisual. Deste xeito, abordarase outro xeito de traballar o libro e a lectura a través dun novo recurso pedagóxico.

Durante o obradoiro proxectaranse as curtametraxes ‘Un gato na árbore’ e ‘Os sete cabritos’, resultado da adaptación coa técnica stop-motion de dos álbums da editorial.

Ao día seguinte, sábado 12, Eva Mejuto contará a experiencia de OQO editora como xestora do proxecto do Programa Cultura da UE ‘Os contos do Caminho’ no que através de obradoiros literarios e plástico creativos máis de 25.000 rapaces de España (Galicia-Madrid), Francia e Portugal (Óvidos, Beja e Pombal) coñeceron o patrimonio inmaterial das diferentes rutas xacobeas. Participarán nesta mesa colaboradores destas actividades: António Fontinha, Mafalda Milhões e a Biblioteca Municipal de Pombal.