OQO, na Feira Internacional do Libro de Abu Dhabi!

OQO, na Feira Internacional do Libro de Abu Dhabi!

24/04/2013

 

A editorial foi invitada pola organización deste evento que se celebrará, do 24 ao 29 de abril, na capital dos Emiratos Árabes Unidos (UAE). A feira prepárase para a chegada de máis de 200.000 persoas.

Mañá xoves, 25 de abril, ás 16.00 horas, OQO presidirá a mesa de debate que leva por título: “Aplicacións interactivas para nenos versus libros infantís; que os diferenza?". No foro participarán Tamer Said, da editorial infantil Kalimat, unha das máis importantes dos UAE, e o autor xordano Taghred Najjar.

 

A continuación, ás 18.00 horas, Eva Mejuto formará parte da mesa redonda “Da ilustración á animación”, onde dará a coñecer ao mercado árabe os proxectos do departamento audiovisual da editorial, OQO filmes.

Tamén estarán presentes Gemma Cortabitarte e Miguel Gallardo, da Asociación Profesional de Ilustradores de Catalunya; Paolo Friz, ilustrador suízo; e Manar Laham, profesor da Universidade de Sharjah.