OQO na 15ª Feira do Libro de Cracovia

OQO na 15ª Feira do Libro de Cracovia

4/11/2011

Os álbumes de OQO en polaco, editados en colaboración con Tako editorial, estarán presentes por primeira vez na Feira do Libro de Cracovia. Este evento é o máis importante da industria editorial en Polonia e participan, nesta 15ª edición, máis de 500 empresas do sector.

Joanna Concejo, ilustradora de Dym (Fume), protagonizará varios encontros con lectores, artistas e xornalistas no stand de Tako (B40):

Vernes 4 de novembro, de 13 h a 14:30 h

Sábado 5 de novembro, de 12 h a 13:30 h

A ilustradora polaca participará tamén nunha mesa redonda con lectores e crítica en Varsovia:

Domingo 6 de novembro, de 15 h a 17 h
Lugar: Cafe Kulturalna de PkiN

15ª FEIRA DO LIBRO DE CRACOVIA
LUGAR: ul. Centralna 41a, Cracovia
DÍAS: do 3 ao 6 de novembro de 2011
HORARIO: de 10 h a 18 h