OQO espéravos un ano máis na Feira Internacional de Boloña!

OQO espéravos un ano máis na Feira Internacional de Boloña!

19/03/2012

OQO volve estar presente na Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña (Italia), unha das citas mundiais máis importantes do sector que se celebra nesta cidade italiana do 19 ao 22 de marzo de 2012.

Na súa 49º edición estarán presentes 1.200 entidades e 5.000 profesionais, procedentes de 66 países. OQO anímavos a visitar o seu expositor para coñecer o traballo máis recente da editorial no Hall 29 – B 29.

Ademais, o martes 20 e o mércores 21, de 15.00 a 18.00 horas, estaremos a disposición de todos aqueles que queiran mostrarnos as súas novas creacións.

49ª Edición da Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña
19-22 de marzo de 2012
Piazza Costituzione, 6
OQO
Hall 29 – Stand B 29
Luns, martes e mércores: 9.00-18.30 horas
Xoves: 9.00-15.00 horas

Encontro con autores e ilustradores
Martes 20 e mércores 21, de 15.00 a 18.00 horas