OQO en Liber Madrid 2011. Visítanos!

OQO en Liber Madrid 2011. Visítanos!

4/10/2011

OQO editora participa un ano máis en Liber Feira Internacional do Libro, que este ano se celebra en Madrid e dedica a 29ª edición á cultura e á tradición literaria de Romanía.
Liber é unha das maiores plataformas de negocio da industria editorial en España e ponte entre o mercado iberoamericano e o resto do mundo.
Por este motivo, danse cita preto de 1.900 libreiros, distribuidores e bibliotecas de 70 países, xunto a 515 empresas editoriais, entre as que se atopa OQO editora:

Stand D16

Animámosvos a visitarnos e a coñecer as nosas máis recentes publicacións.

LIBER: 29ª FEIRA INTERNACIONAL DO LIBRO
LUGAR: Pavillón 6 do recinto feiral de IFEMA, MADRID
DATAS: Do 5 ao 7 de outubro de 2011
HORARIO: De 10 h a 19 h