OQO editora no 32º Congreso Internacional do IBBY en Santiago de Compostela

OQO editora no 32º Congreso Internacional do IBBY en Santiago de Compostela

11/09/2010

OQO editora participa no 32º Congreso Internacional do IBBY en Santiago de Compostela, que se celebra do 8 ao 12 de setembro de 2010.

Os congresos bienais do IBBY permiten a xuntanza dos membros do IBBY con outras persoas interesadas nos libros para nenos e mozos e mais o desenvolvemento de iniciativas de promoción da lectura en todos os países do mundo. Os congresos son excelentes ocasións para coñecer outros profesionais, intercambiar ideas e abrir horizontes.

Cada dous anos unha Sección Nacional diferente actúa como anfitrioa do congreso. Centos de congresistas asisten ás conferencias, ás mesas redondas, aos seminarios e mais aos obradoiros que se levan a cabo sobre os temas definidos. Un congreso IBBY serve tamén como marco de reunións da celebración da Asemblea Xeral do IBBY e mais dos actos que teñen lugar co gallo da entrega do Premio Hans Christian Andersen, da Lista de Honra do IBBY ou da entrega dos Premios IBBY Asahi Reading Promotion, entre outros eventos.

Pazo de Congresos e Exposicións
Sábado 11 de setembro de 2010
14.00 – 15.30 Sala 21
Obradoiro
A función das imaxes nas publicacións de literatura infantil
Imparte: Eva Mejuto (OQO editora)