OQO continúa as súas actividades para colexios e familias na Casa del Lector (Madrid). Nesta ocasión, todos poderán crear unha curtametraxe, coa técnica de stop-motion (imaxes en movemento logradas foto a foto).
As suxestións de autores e ilustradores non rematan nas páxinas dun libro,os personaxes cobran vida e saltan á pantalla neste obradoiro de OQO ‘Eu tamén animo!’. A partir do conto A escaleira, os nenos e nenas converteranse en animadores, directores, guionistas… para adaptar un álbum ilustrado á linguaxe audiovisual.
Con todos os participantes do taller faranse varios grupos e cada un asumirá a animación dunha secuencia da obra con imaxe e voz. Nestas sesións, os pequenos e pequenas recibirán información sobre as técnicas tradicionais de animación e gravación de son.
Horario: de 11:00 a 13:30 h ou de 16:30 a 19:30 h
Datas: Xoves 27 e venres 28 de decembro de 2012
Idade recomendada: 8 – 12 anos
Número máximo de participantes: 15
Tipo de actividade: para familias
Inscricións: 912 061 736 / 912 061 745 / actividades@casalector.es