Festival de Ilustración de Pavia

Festival de Ilustración de Pavia

16/05/2011

O Festival de Ilustración de Pavia (Italia) expón ilustracións de Anna Castagnoli (“O cabaleiro Pepino”, “Camiños sen nome”) con motivo da súa elección como a Mellor Ilustradora do Ano (ILL 2001) por este certame

O Festival de Ilustración de Pavia (Italia) realizou unha exposición con ilustracións dos traballos de Anna Castagnoli, entre as que se atopan as realizadas pola artista para álbums de OQO editora como O cabaleiro Pepinoou Camiños sen nome.

O motivo desta mostra é que a artista, nada en Francia pero que vive e traballa en Barcelona, foi elixida por este certame como a Mellor Ilustradora do Ano, co que foi distinguida co Premio ILL 2011.

O xurado valorou o seu ‘talento, vivacidade e innovación’ nos traballos publicados en álbums ilustrados infantís en Francia, Italia e España, como os editados por OQO editora ; O cabaleiro Pepino, Camiños sen nome, A incríble historia da nenapaxaro e o neno terrible, A grande viaxe e A caixa dos recordos.