Simposio e obradoiros de ilustración e animación audiovisual

Simposio e obradoiros de ilustración e animación audiovisual

20/05/2010

NOVA YORK. Simposio e obradoiros de ilustración e animación audiovisual no Instituto Cervantes, na Asociación de Lengua y Cultura Españolas (ALCE) e na UNIS

XOVES 20 DE MAIO | ASOCIACIÓN DE LENGUA Y CULTURA ESPAÑOLAS (ALCE)

OQO editora foi invitada pola Asociación de Lengua y Cultura Españolas (ALCE) a facer tres talleres de ilustración e animación audiovisual para fillos de españois residentes no exterior.

Taller de ilustración. Esta actividade está impartida polo ilustrador luso André da Loba, que publicou con OQO editora O oso e o corvo, Premio de Ilustración 2008 do certame Visual de Deseño de Libros 2008.
Idade dos participantes: de 7 a 9 anos.

Taller de Animación audiovisual. O obxectivo deste obradoiro infantil de OQO editora é facer unha curtametraxe de animación audiovisual utilizando as técnicas de stop-motion. Os pequenos e as pequenas daranlles vida con plastilina aos personaxes do conto Macario Dromedario.
Idade dos participantes:
PRIMEIRA SESIÓN: 10 anos.
SEGUNDA SESIÓN: De 11 a 17 anos.

VENRES 21 DE MAIO | INSTITUTO CERVANTES DE NOVA YORK

OQO editora foi invitada polo Instituto Cervantes de Nova York a participar no XIX Simposio de Literatura Infantil e Xuvenil.

13:15h-15:00h: A ILUSTRACIÓN NA AULA: ¿Para que serven as imaxes?. Eva Mejuto, de OQO editora.

SÁBADO 22 DE MAIO | INSTITUTO CERVANTES DE NOVA YORK

Taller de ilustración. Obradoiro práctico do ilustrador luso André da Loba, que publicou con OQO editora O oso e o corvo Premio de Ilustración 2008 do certame Visual de Deseño de Libros 2008.
Idade dos participantes: de 7 a 9 anos.

Taller de Animación audiovisual. Os nenos e as nenas iniciaranse na animación audiovisual utilizando as técnicas de stop-motion para dar vida en plastilina ao conto Macario Dromedario.
Idade dos participantes:
PRIMEIRA SESIÓN: 10 anos de idade.
SEGUNDA SESIÓN: De 11 a 17 anos de idade.

LUNS 24 DE MAIO | UNITED NATIONS INTERNATIONAL SCHOOL (UNIS)

Taller de formación para docentes: Eu tamén animo; posibilidades educativas da animación audiovisual na aula. Imparte a sesión práctica e teórica: Eva Mejuto, de OQO editora.