Curtametraxe de animación audiovisual

Curtametraxe de animación audiovisual

12/06/2012

Nenos e nenas de Nápoles realizarán unha curtametraxe de animación audiovisual co conto “A guerra dos números”

Con motivo da celebración o 25 de maio del Día Cervantino da Literatura Infantil e Xuvenil, o Instituto Cervantes de Nápoles celebra un ano máis o programa de actividades ‘Lobos e dragóns’, que inclúe o obradoiro de animación audiovisual de OQO editora Eu tamén animo!

As suxestións de autores e ilustradores non rematan nas páxinas dun libro, os personaxes cobran vida e saltan á pantalla neste obradoiro de OQO editora, no que a partir do conto A guerra dos números (Juan Darién), os nenos e nenas de Nápoles crearán unha curtametraxe de animación coa técnica de stop-motion.

Con todos os participantes do taller, faranse varios grupos e cada un asumirá a animación dunha secuencia da obra coa imaxe e voz.
Nas sesións, os pequenos e pequenas recibirán información sobre as técnicas tradicionais de animación e gravación de son.

Datas
13/06/2012 (De 11:30 a 14:00 h)
Lugar
Instituto Cervantes – Sala de exposicións
Via Nazario Sauro, 23
80132 Nápoles
(ITALIA)