Nenos e nenas de Fez (Marrocos) participan nun obradoiro de animación á lectura, baseado no álbum “A máscara do león”
Con motivo da celebración hoxe (25 de maio) do Día Cervantino da Literatura Infantil e Xuvenil, o Instituto Cervantes de Fez (Marrocos) participa nun programa de actividades, que inclúe un obradoiro de animación á lectura. Esta sesión está baseada no conto de OQO editora A máscara do león (Margarita del Mazo & Paloma Valdivia).
O taller será impartido por Margarita del Mazo, que xunto Paloma Valdivia, participarán tamén nun encontro de autores e ilustradores que se organiza con motivo desta efeméride.
A institución de Fez participa no que se que o Instituto Cervantes denomina xornada de literatura en rede, a través da que se realizarán actividades en 28 centros nos cinco continentes con algunhas das figuras máis destacadas da literatura infantil e xuvenil nas linguas do territorio español.
Con iso, o Cervantes pretende fomentar o interese de nenos e de adolescentes polos libros e propiciar o desenvolvemento de novos lectores.