OQO editora deu a coñecer no Instituto Cervantes de São Paulo, con motivo da celebración da Feira do Libro nesta cidade brasileira, a actividade Os contos do camiño.
Así, ante a proximidade da celebración do ano Xacobeo 2010, OQO editora destacou a rica tradición oral dos distintos países polos que atravesan as oito rutas xacobeas, e na que se inspiran álbums ilustrados, imaxes, e tamén curtametraxes de animación e audiovisuais de OQO.
Con OQO, os participantes neste foro puideron viaxar ata Rusia con A Bruxa Regañadentes, a Portugal con Corre corre, cabaciña, a Francia con Tres desexos, a España con A princesa do Caurel, e descubriren que os contos non son só cousa de nenos, porque o conto está no Camiño, e o Camiño confórmase a partir de historias vividas e contadas.