INSTITUTO CERVANTES DE PEQUÍN (A CHINA). Obradoiro de animación: ‘Animando contos’

INSTITUTO CERVANTES DE PEQUÍN (A CHINA). Obradoiro de animación: ‘Animando contos’

4/09/2009

Con motivo de que España foi o país Invitado de Honor na Feira Internacional do Libro de Pequín 2009, o Instituto Cervantes de Pequín e o Instituto de Comercio Exterior (ICEX) deseñaron un extenso programa de actividades destinado a presentar no país anfitrión o traballo das editoriais de maior proxección, así como o máis representativo da diversidade cultural de España. OQO editora foi unha das editoriais invitadas a realizar varios obradoiros.

No Obradoiro de animación. Animando contos, OQO editora impartiu un teórico-práctico de 3 horas de animación, nas que se debullou e explicou o traballo de animación e adaptación de libros infantís a creacións audiovisuais a través da técnica do stop-motion.