INSTITUTO CERVANTES DE CRACOVIA

INSTITUTO CERVANTES DE CRACOVIA

26/05/2010

INSTITUTO CERVANTES DE CRACOVIA (POLONIA). “Mosquito” no Obradoiro de Ilustración de Libros Infantís

Con ocasión do Día do Libro Infantil e Xuvenil en España, O Instituto Cervantes de Cracovia (Polonia) e a Galería Bunkier Sztuki invitaron á autora e ao ilustrador de Mosquito (OQO editora), Margarita del Mazo e Roger Olmos, a participar no Obradoiro de Ilustración de Libros Infantís.

Margarita del Mazo “autora en OQO de A máscara do león” e Roger Olmos “artista plástico e autor das ilustracións de A cabra boba, A cousa que máis doe do mundo, Sígueme! (Unha historia de amor que non ten nada de raro)” ensinaron varias técnicas e formas de ilustración dun texto seguindo o libro de Mosquito.

Os autores contaron como se produce un libro e as imaxes que acompañan ao texto. Ao final do taller, os nenos e nenas crearon as súas propias ilustracións da historia contada por Margarita del Mazo.

DATA
26/05/2010 (10:00 h)

LUGAR
Galería de Arte Contemporánea Bunkier Sztuki (Cracovia)
PL. SZCZEPANSKI 3A
31-011 CRACOVIA
(POLONIA)