Salón Internacional de Ilustración Infantil de Sàrmede

Salón Internacional de Ilustración Infantil de Sàrmede

13/04/2012

Ilustracións de álbums de OQO, seleccionadas para o Salón Internacional de Ilustración Infantil de Sàrmede (Italia)

O cazador e a balea, Cando non atopas a túa casa, Sopa de nada e Os mil brancos dos esquimós forman parte das 95 obras elixidas para a exposición ‘O medo e a esperanza’ da 28 Edición de ‘Le immagini della fantasia’.

Os ilustradores son Iban Barrenetxea, Joanna Concejo, Rashin Kheiriehy Madalena Matoso, respectivamente. A súa tarefa para estes libros de OQO editora estará exposta no Centro Cultural de Viecenza desde o vindeiro domingo, 15 de abril, ata o 10 de xuño, dentro das actividades do Salón Internacional de Ilustración Infantil de Sàrmede (Italia).