Escolares de Poitiers (Francia) premian a edición francesa de ‘A pota que trota’

Escolares de Poitiers (Francia) premian a edición francesa de ‘A pota que trota’

12/05/2011

Nenos e nenas das escolas de Poitiers (Francia) premian a edición francesa de A pota que trota (La marmite trotteuse) na terceira edición do Prix Marque Ta Page, certame literario realizado por la Mediateca municipal, a Educación National, coa participación do IME Mauroc e a Residencia de anciáns Marie-Louise Troubat.

La marmite trotteuse (Patacrúa & Kristina Andres) acadou o segundo premio deste certame onde bibliotecarios, pais e persoas maiores xa xubiladas encárganse de ler unha serie de contos, previamente seleccionados por eles.

As lecturas acompáñanse de intercambios de opinións que permiten construír unha unión interxeracional. Os pequenos e pequenas expresan, mediante votación, a súa elección. O premio pode dar lugar á celebración de actividades, obradoiros de artes plásticas, teatro e intercambios diversos.