50 ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña

50 ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña

25/01/2013

As ilustracións de “Galiño Pelado” e “Se os gatos levasen botas gobernarían as ras”, seleccionadas para a mostra da 50 ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña

O traballo de Philip Giordano para o álbum de OQO, “Galiño Pelado”, foi seleccionado para formar parte da exposición da 50 ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña (Italia). O conto aínda está por chegar da imprenta. Non entanto, as súas ilustracións xa están a triunfar!

A mostra deste ano contará tamén coas imaxes de “Se os gatos levasen botas gobernarían as ras”, da artista iraniana Rashin Kheiriyeh.
Parabéns a ambos os dous!