Premio Nacional de Ilustración de Portugal

Premio Nacional de Ilustración de Portugal

7/06/2010

A edición portuguesa de ‘Os sete cabritos’, distinción do xurado do Premio Nacional de Ilustración de Portugal

A edición en portugués de Os sete cabritos (Os sete cabritinhos) acaba de recibir unha distinción do xurado do Premio Nacional de Ilustración de Portugal, o certame máis importante do país neste eido artístico.

A autora galega Tareixa Alonso realizou para OQO unha renovada versión do clásico de Grimm que conta coas sempre elegantes imaxes da ilustradora lusa Teresa Lima. Os sete cabritos está editado tamén en galego, castelán, inglés, francés e italiano. Nesta última lingua, en coedición con Logos.