Premio Vittoria Samarelli

Premio Vittoria Samarelli

2/12/2012

A edición italiana de “O corazón do xastre” (“Cuore di sarto”) gaña o Premio Vittoria Samarelli (Lombardía – Italia)

Cuore di sarto, a edición en italiano de O corazón do xastre (Txabi Arnal & Cecilia Varela), obtivo o Premio Vittoria Samarelli. Esta distinción recoñece a calidade de aqueles libros que nacen para “coñecer, crear e crecer”.

 

A cerimonia de entrega será o vindeiro domingo, día 2, na Sala consiliare del Comune do Castelo Goffredo, situado na provincia de Mantova,
rexión de Lombardía (Italia).

 

Os libros de OQO poden gozarse en italiano, grazas á colaboración de edición con Logos Edizioni (http://www.logosedizioni.it/). No caso de O corazón do xastre, ademais de en italiano, castelán e galego, tamén está publicado en portugués e francés.