‘O crebacabezas’, seleccionado para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2013

‘O crebacabezas’, seleccionado para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2013

9/04/2013

 

O traballo de Roger Olmos para o álbum de OQO “O crebacabezas” foi elixido pola OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) para formar parte da Bienal de Ilustración de Bratislava 2013.

 

“O crebacabezas” está incluída entre as 15 obras escollidas pola OEPLI para representar a España nesta prestixiosa exposición internacional de ilustracións para nenos e mozos, organizada polo Ministerio de Cultura da República Eslovaca, a Comisión Eslovaca da UNESCO e a Casa Internacional da Arte para Nenos.

 

Bienal de Bratislava 2013 terá lugar nos meses de setembro e outubro deste ano. Durante a súa celebración concederanse varios premios, entre os que se atopan o “Gran Prix” e as “Mazás de Ouro”.