Filmes

Filmes

Filmes

 

Neste apartado pódense atopar películas de animación realizadas coa técnica de stop motion, con banda sonora orixinal, dobradas con voz en polo menos un idioma: español, galego, inglés, español neutro, e/ou subtitulado.

Todas as películas están baseadas nos correspondentes álbums ilustrados das distintas coleccións de OQO. Isto permite contrastar as historias contadas nos álbums ilustrados con outras lecturas, neste caso con versións cinematográficas desas historias. Estas películas las encontraremos agrupadas en tres series:

Estas películas atoparémolas agrupadas en tres series:

– “Never ending tales”, recomendada para público de 4 a 9 anos

– “Caracois”, recomendada para público de 1 a 4 anos

“Cocorico”, recomendada para nenos de 3 a 8 anos.

 

Never Ending Tales

Never Ending Tales (Os contos do camiño) Serie de 32 capítulos, de 10 minutos de duración, na que cada episodio corresponde á adaptación dun álbum ilustrado do catálogo editorial de OQO editora. Destinada a un target de 4 a 9 anos, esta serie conta coa colaboración de prestixiosos animadores de diferentes países, que fan de Never Ending Tales unha orixinal proposta que nos achega a contos de todo o mundo a través de diferentes propostas plásticas e musicais, xa que para cada historia compúxose unha banda sonora orixinal.

Seis das curtametraxes que compoñen esta serie, E que podo facer eu?, A pota que trota, Félix, o coleccionista de medos, A incrible historia da nenapaxaro e o neno terrible, A cousa que máis doe do mundo e A grande viaxe foron recoñecidas co Premio Especial do Xurado no Festival Brasil Stop Motion 2011. Pola beleza e a calidade das obras, o Xurado decidiu abrir un espazo específico para mostrar estas seis producións de OQO filmes.

Never Ending Tales

Snails

Snails (Caracois) é unha serie de animación que toma como referencia a serie literaria Caracois dirixida a prelectores, publicada por OQO editora.

A través de 39 capítulos, de 6 minutos de duración, en CARACOIS visualízase un mundo de relacións infantís desde a perspectiva duns animaliños de xardín. Son a súa forma de vida, as súas relacións, os seus xogos, os seus conflitos, as súas aventuras, a través duns protagonistas cunha psicoloxía predeterminada e precisa, e que encarnan asímesmo tipos, os que tecen este mundo complexo e interrelacionado. Aínda que a función de entreter é primordial, cabe na serie un compoñente “didáctico” que axude o neno a ver, dunha forma inconsciente, condutas que comportan valores éticos e cidadáns fundamentais.

Snails

Cocorico

A serie COCORICO está coproducida por OQO editora e a Televisión de Galicia (TVG), baseada no álbum ilustrado do mesmo nome, escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch.

Cocorico é un pitiño rebuldeiro, inocente e bo; curioso, algo testán e con ganas de aprender e probar todo.

A serie conta, dunha maneira divertida, didáctica e chea de acción, as aventuras (e desventuras) dun ser pequeno que está medrando e aprendendo o que é a vida e o mundo que o rodea. Non será todo fácil, nin sempre terá que pasar o que un esperaría. A vida, ás veces, sitúate en encrucilladas inesperadas.

Cocorico tratará de resolvelas da mellor forma posible na compaña dos seus amigos (o porco Comechón, o rato Mus, o pato Cuá…); coa axuda de Don Cadelo e Mamá Galiña; e contra as ameazas e intromisión dos seus inimigos (o Gato Pelado, a Raposa, o gabián Voraz…).

Actualmente consta de 52 capítulos, de 13 minutos de duración. A serie emítese en Televisión de Galicia e distribúese a televisións estranxeiras por PEEK-A- BOO Animation.