Da mesa á tableta
¿En que consiste?
Antes de que existise o libro, as historias viaxaban pola tradición oral, dende o boca a boca. Comezaremos unha viaxe ao pasado dende os inicios da escritura, deténdonos nalgúns momentos concretos da historia: xeroglíficos e papiros exipcios, representacións escritas en papel de Xapón ou China, a biblioteca de Alexandría ou a escrita en Roma: a tabula cerata e nós. continuará o camiño ata a invención da imprenta para rematar na actualidade, onde os libros máis convencionais conviven con dispositivos electrónicos como o e-book ou a tableta.
Unha vez rematada a viaxe, os participantes do obradoiro experimentan a sensación de crear unha escritura lembrando a base da escritura cuneiforme en arxila, a escrita en Roma con tabula ceratas e stylos ou a escritura medieval con xuncos, tinta e papiro.