É ben sabido que nas casas das bruxas escóndense os máis variados segredos. Nesta ocasión, e tras escoitar o conto de Hansel e Gretel, ilustrado por Iratxe López de Munáin, observaremos as inquietantes figuras que a bruxa garda na súa casa e que contiñan todo tipo de riquezas.
Crearemos as nosas propias figuras, seres estrambóticos que esconderán os máis curiosos obxectos para pintalos con… chocolate de cores!
Unha proposta para ver, cheirar e saborear.