Sobre OQO

Convidámoste a soñar, a reflexionar e a degustar imaxes, músicas, voces e palabras.

 

 

OQO é un espazo de creación onde habitan propostas innovadoras que convidan a soñar, reflexionar e degustar imaxes, músicas, voces e palabras.

OQO é un lugar de encontro de historias onde distintas sensibilidades plásticas e literarias propoñen novas formas de mirar e de mirarnos.

OQO ofrece en cada obra un camiño de ida e volta, unha viaxe única e diferente, onde conviven maneiras de escoitar, de sorprenderse, de xogar; mundos por descubrir e inventar…

OQO aliméntase do humor, a tenrura ou a denuncia para avivar sentimentos, emocións e conciencias sen renunciar nunca a unha calidade que conta con recoñecementos internacionais.

Os nosos recoñecementos

  • Distinción do Xurado do PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN 2010, de Portugal, a Fiz, o coleccionista de medos.
  • Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2010 a Caixa de cartón
  • Dúas Mencións nos PREMIOS VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS 2010, nas categorías de Libro Infantil e Ilustración, para Os mil brancos dos esquimós
  • Distinción do Xurado do PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN 2009, de Portugal, a Os sete cabritos.
  • Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2010 a O último canto
  • SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO 2009, na categoría infantil e xuvenil, polo Ministerio de Cultura, a Cantas pingas na cidade! e Os mil brancos dos esquimós.
  • Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado 2009 a A grande viaxe.
  • Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2009 a Fume.
  • CJ 1st PICTURE BOOK AWARDS. PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2008 a A guerra dos números.
  • SEGUNDO PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL MELLOR EDITADO 2008, outorgado polo Ministerio de Cultura a Caderno de animalista.
  • PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2008 no certame PREMIOS VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS a O oso e o corvo.
  • Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2008 a Ovos duros.
  • PRIMEIRO PREMIO INTERNACIONAL DE LITERATURA INFANTIL 2007 da Fundación Espace Enfants de Suíza a Chocolata
  • PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL MELLOR EDITADO 2007, outorgado polo Ministerio de Cultura, a Gran libro dos retratos de animais, tamén galardoado cun DIPLOMA nos PREMIOS VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS 2007, coa MENCIÓN DE HONRA BOLOGNA RAGAZZI AWARD 2008 e co PREMIO ANDERSEN-IL MONDO DELL’ INFANZIA 2008 en Italia.
  • Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2007 a A princesa do Caurel.
  • SEGUNDO PREMIO MELLORES ILUSTRACIÓNS LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2006, outorgado polo Ministerio de Cultura, a A princesa que bocexaba a todas horas.
  • TERCEIRO PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL MELLOR EDITADO 2006, outorgado polo Ministerio de Cultura, a Celestino Tarambainas.
  • Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2006 a A cousa que máis doe do mundo, que tamén conta co PREMI LLIBRETER 2006 ao mellor álbum ilustrado.

OQO

Un espazo de creación para propostas innovadoras que convidan a gustar, pensar e soñar con voces, imaxes e palabras.