Colección

Zalgum

Luisa Morandeira & Bernardo Carvalho

ISBN 978-84-96788-73-2

14,50

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 80 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 15x20 cm
  • Publicación xullo 2007

A fermosa Zalgum adoitaba bañarse na fonte onde seu irmán daba de beber ao cabalo. Un día, o irmán viu brillar na auga un pelo longo e vermello e prometeu casar coa dona daquel cabelo. Os pais estaban desgustados, porque non querían que seu fillo renunciase a buscar parella. A Zalgum só lle dixeron que o seu irmán casaba…

 


Descrición

A fermosa Zalgum adoitaba bañarse na fonte onde seu irmán daba de beber ao cabalo. Un día, o irmán viu brillar na auga un pelo longo e vermello e prometeu casar coa dona daquel cabelo. Os pais estaban desgustados, porque non querían que seu fillo renunciase a buscar parella. A Zalgum só lle dixeron que o seu irmán casaba…

 

Un conto con máis dun significado e, por tanto, con máis dun destinatario. Dunha banda, sedución, seres terribles, animais que falan, unha muller que se rebela contra o destino… en definitiva, ingredientes para aos pequenos lectores que gustan do marabilloso. Da outra, a transposición simbólica das pulsións humanas, de interese para o público adulto, propicia a reflexión verbo de antigos mitos e temas como a tentación do incesto, a violencia da envexa, os celos, a curiosidade… impulsos que os heroes vencerán para estar en paz con eles mesmos e co universo.

 

Os paxaros, que a miúdo desempeñan un importante papel nos contos marabillosos, cumpren nesta historia, a función de intermediarios entre a terra e o ceo, entre o humano e o divino. Alén diso, os paxaros, dotados da palabra, son xenerosos, vixían o destino da heroína e están dispostos a axudala cando se atopa en graves dificultades.

 

Historias como Zalgum convídannos a medrar e a explorar o noso mundo interior, coa finalidade de vencer os obstáculos máis difíciles, no camiño da madurez. Os contos, poesías e lendas sobre o amor e a guerra, os seus temas favoritos, constitúen a esencia da literatura oral dos pobos bérberes. Algúns autores contemporáneos alxerianos recolleron, para os preservaren, estes contos tradicionais de incalculable valor. Porén, na actualidade, aínda é posible escoitar ás avoas de Kabylia ou a algún contador que tras reunir ao anoitecer a súa xente, por medio da narración, transporta o auditorio a universos antigos.

 

Zalgum é unha desas narracións que chegaron ata nós de xeración en xeración. Por último, un comentario merecen tamén, as ilustracións de Bernardo Carvalho, que recrean e ambientan dunha forma moi suxestiva os espazos dos bérberes.

 

 

Texto de Luisa Morandeira, a partir dun conto popular bérber

Ilustracións de Bernardo Carvalho