Colección

Troco

Roberto Castro & Margherita Micheli

ISBN 978-84-9871-359-6

14,90

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación outubro 2011

Cada tarde, a ovella Catarina

preparaba unha cunca de chocolate

e sentaba a ler na súa cadeira favorita…

 


Descrición

Cada tarde, a ovella Catarina

preparaba unha cunca de chocolate

e sentaba a ler na súa cadeira favorita…

 

Os contos remítennos a un lugar no que a fantasía é a protagonista; e, para entrar nese mundo fantástico, que mellor que unha cadeira especial nun recuncho acolledor, destinado á lectura? Así estaba a ovella Catarina, gozando do seu libro, cando de repente… CATACRACK! Catarina caeu escarranchada, e, o peor: quedou sen cadeira para ler contos!

 

Deste xeito empeza o troco: cadeira por tallo, tallo por sofá, sofá por balancín… Entre troco e troco, Catarina irá debullando, nas páxinas do álbum que está lendo, unha historia moi coñecida: o lobo peta na porta, derruba a casa de palla, sopra na porta da casa de madeira… Pero nada é tan confortable como a súa vella cadeira para gozar dun bo libro, por iso Catarina sempre está disposta a cambiar ou a probar asentos novos para conseguir o seu obxectivo: chegar ao final da lectura. Papará o lobo os tres porquiños?

 

Troco é un conto que esconde outro conto. Roberto Castro, que se estrea como autor, pero leva unha longa traxectoria no mundo da literatura infantil e xuvenil, desenvolve unha trama circular sinxela, dinámica e moi eficaz, que incide transversalmente na aventura de ler.

 

Margherita Micheli ilustra esta divertida historia facendo saltar os personaxes dun conto ao outro, os que interactúan en dous mundos fantásticos paralelos, ata chegar a un final feliz para os protagonistas de ámbolos dous.

 

A técnica utilizada é témpera sobre papel, con cores que se alternan segundo os espazos e as emocións que transmiten as diferentes escenas. As súas composicións requiren da mirada atenta e curiosa do espectador, quen porá en xogo o seu enxeño e capacidade de fabulación ao descubrir “os outros pequenos protagonistas” nos escenarios do plano real.

 

Os personaxes do universo de Catarina son antropomorfos, con características en relación co carácter de transmisión dos obxectos que levan con eles. Así nos atopamos, entre outros, a Furacán, un cabalo romántico e fascinante, co seu pelo ao vento; a Eduardo, un galo exuberante de crista enorme e plumas fermosas; ao porco Narciso, engalanado como un elegante dandi ou a propia ovella Catarina, co seu cálido abrigo de la branco; todos eles con personalidades que nos proporcionarán diferentes modelos, nunha idade na que os lectores tamén atoparán cada un o camiño máis adecuado para si mesmo.

 

 

Texto Roberto Castro

Ilustracións Margherita Michelli

 

Tradución do castelán Laura Rubio