Colección
Esgotado

Titiritesa

Xerardo Quintiá & Maurizio A. C. Quarello

ISBN 978-84-9871-478-4

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 48 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación setembro 2007

Titiritesa vive no reino de Trasantonte. A súa nai, Mandolina, soña con ver a filla ben casada e tenta educala como unha cortesá refinada. Pero a filla non comparte as aspiracións da súa nai, a raíña, e rexeita esa vida convencional que lle queren impoñer. Ante a inminente chegada dunha institutriz, Titiritesa decide fuxir de palacio para vivir fantásticas e divertidas aventuras: visitar un inventor de palabras, enfrontarse a un terrible monstro, coñecer outra princesa de labios doces…

Descrición

Un conto atrevido que trata a homosexualidade feminina con humor, naturalidade e frescura. En Titiritesa festéxase o amor sen prexuízos, namentres que coa sensibilidade necesaria se lle expón o tema aos lectores infantís e se contribúe á súa educación afectiva.

Co seu persoal estilo de ilustración, Quarello debuxa personaxes cunha personalidade acorde ao texto. As imaxes achegan verosimilitude ao relato, pero ademais evocan con mestría os sentimentos que invaden unha persoa cando medra e experimenta por primeira vez o amor.

Texto de Xerardo Quintiá

Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello