Colección
Esgotado

Rita

Rachel Chaundler & Bernardo Carvalho

ISBN 978-84-96788-71-8

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación maio 2007

O bosque tropical está cheo de perigos, pero Rita, a bolboreta, é moi atrevida e non ten medo a nada. Un día achégase aos elefantes que chapuzan na auga e vese atrapada nunha situación que non domina. Rita pide auxilio, pero ninguén a pode axudar. Finalmente, a situación resólvese grazas á colaboración dun personaxe inesperado…

 


Descrición

O bosque tropical está cheo de perigos, pero Rita, a bolboreta, é moi atrevida e non ten medo a nada. Un día achégase aos elefantes que chapuzan na auga e vese atrapada nunha situación que non domina. Rita pide auxilio, pero ninguén a pode axudar. Finalmente, a situación resólvese grazas á colaboración dun personaxe inesperado…

 

Resulta complicado ser prudente, sobre todo se es unha bolboreta intrépida e aventureira… Por sorte, sempre hai algún amigo disposto a botar unha man, e non hai que esquecer tampouco o apoio incondicional das sempre comprensivas nais.

 

A autora, inspirada despois dunha visita ao orfanato de elefantes de Sri Lanka, escribe esta historia de argumento sinxelo e tenro, na que toca temas como a importancia da prudencia, o valor da amizade, ou a solidariedade. Temas que mesmo poden entrar en contradición, velaí a dificultade de calquera proceso de aprendizaxe.

 

Con grande expresividade, e texto e ilustración en perfecta harmonía, o álbum logra que o lector se sinta identificado coa personaxe, experimente as súas aventuras e renazan nel os bos sentimentos. E para a atraer e involucrar o lector con máis facilidade, Rachel Chaundler usa o presente. Pero a autora non só resolve con eficacia e brevidade a historia, senón que logra ademais páxinas cargadas de emoción.

 

Pola súa banda, Bernardo Carvalho tira todo o proveito posible da serigrafía para as súas ilustracións: traballa con cores sólidas, brillantes e alegres, nunha gama de tintas que contrastan co seu traballo anterior, tamén con esta autora. O seu trazo dinámico e claro compón escenas e crea entrañables personaxes que espertan a simpatía do lector.

 

Texto de Rachel Chaundler

Ilustracións deBernardo Carvalho

 

Tradución do castelán de Marisa Núñez