Colección

Rato Tom e rata Tomasa

Marisa Núñez & Alessandra Cimatoribus

ISBN 978-84-9871-618-4

14,90

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación Setembro 2019

Rato Tom foi visitar a súa amiga Tomasa. Alegría na celebración! Veña viño, veña touciño e máis viño… e Rato Tom caeu redondo do bidón. Ai que desgraza!, berrou Tomasa. Vestiuse de loito e pechou a casa; e contoulle a súa pena á cociñeira; e a cociñeira á ola; e a ola á fonte… Ata o ceo entristeceu coa nova, mais ao final, algo insólito aconteceu… e todos recuperaron a alegría.

Descrición

Cunha narración áxil, que xoga coa rima e coa estrutura acumulativa, Marisa Núñez ofrécenos unha orixinal versión, chea de humor e agudeza. Aínda que inspirado nun suceso fatal, tirado do conto tradicional brasileiro, Dona Baratinha (Dom Ratão ia se casar com dona Baratinha, e morreu cozido no feijão…), a autora, a partir desta anécdota, desvía os acontecementos cara a un desenlace ben diferente.

Os elementos da natureza humanízanse ao adoptar certos comportamentos, que rememoran antigos ritos funerarios ancestrais, comúns a distintas culturas (romper olas, vestirse de loito): a fonte cala, a árbore tira o seu manto, os paxaros íspense… Todas estas manifestacións encadeadas transcenden o mundo da palabra e conectan co misterioso mundo dos afectos. O momento culminante prodúcese cando, o ceo chora e derrama sobre a terra, a súa auga revitalizadora. Entón, como por arte de maxia, o que semellaba unha traxedia, acabará facendo florecer un sorriso no lector.

Con reminiscencias dos contos tradicionais de final feliz, esta obra fálanos da intensidade dos afectos, da amizade, da vida; valores que persistiron ao longo do tempo e que non debemos esquecer.

Texto de Marisa Núñez, a partir dun conto tradicional brasileiro

Ilustracións de Alessandra Cimatoribus