Colección
Esgotado

Ranilda

Mar Pavón & Chloé Rémiat

ISBN 978-84-9871-248-3

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 40 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación abril 2010

—Señora, se me dese un bico no papo,

converteríame nun home guapo.

Fronte ao culto á beleza que impera na sociedade actual, Mar Pavón reivindica nesta deliciosa fábula outros valores como a autoestima e a amizade, e faino ademais cun gran sentido do humor.

 


Descrición

—Señora, se me dese un bico no papo,

converteríame nun home guapo.

Fronte ao culto á beleza que impera na sociedade actual, Mar Pavón reivindica nesta deliciosa fábula outros valores como a autoestima e a amizade, e faino ademais cun gran sentido do humor.

 

Ranilda, a protagonista deste divertido álbum, é unha ra moi feita, aínda que ela non o sabe. Todos os días se mira na auga, e como non lle gusta o seu aspecto, sempre está triste.

 

Unha tarde o seu veciño o sapoconcho, que é moi túzaro, decide gastarlle unha broma e convence a ranciña de que en realidade é un príncipe encantado. Mais só poderá recobrar a súa verdadeira aparencia se unha muller a bica.

 

Ranilda marcha na procura do bico, pero todas as mulleres que vai atopando polo camiño son unhas rabudas. Xa lles pode rogar e rogar, que ningunha está disposta a bicar unha ra.

 

Os encontros da nosa protagonista con estas mulleres tan rachadas darán lugar a unha morea de situacións delirantes e cómicas. E a isto, aínda hai que sumar os diálogos pícaros e graciosos dos personaxes, concibidos para provocar o sorriso dos máis pequenos.

 

Desta volta, a encargada das ilustracións do novo álbum da Colección O de OQO editora é Chloé Rémiat. Nos seus traballos, a artista francesa combina a súa faceta como ilustradora con outra das súas grandes paixóns: a escultura.

 

Nesta ocasión esculpiu en papel algúns dos personaxes do álbum (as diferentes mulleres, Ranilda…) que despois integrou en fondos de pintura. Na realidade estas figuras constitúen o centro da ilustración e a autora recorre moitas veces aos primeiros planos para destacalas aínda máis.

 

Xunto aos protagonistas, outros personaxes aparecen de fondo: insectos, herbiñas, peixes minúsculos e flores. A súa presenza é constante ao longo das páxinas, porque tamén eles habitan na poza de Ranilda. E son estes detalles, en principio insignificantes, os que mellor reforzan o aspecto real da ambientación e reflicten toda a explosión de vida que se oculta neste pequeno universo.

 

Texto de Mar Pavón

Ilustracións de Chloé Rémiat

 

Tradución do castelán de Laura Rubio