Colección
Esgotado

Picurruchos

Mar Pavón & João Vaz de Carvalho

ISBN 978-84-9871-163-9

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 40 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación setembro 2009

Mamá Pimpona quere alimentar os seus famentos pimponciños, pero por nada do mundo recorrería a aqueles saborosos…

 


Descrición

Mamá Pimpona quere alimentar os seus famentos pimponciños, pero por nada do mundo recorrería a aqueles saborosos…

 

Nesta divertida e orixinal historia sobre o absurdo de certas prohibicións, Mar Pavón dá vida a unha galería de personaxes surrealistas que nos atrapan desde o primeiro intre. Pola súa parte, o ilustrador luso João Vaz de Carbalho asume a perspectiva fantasiosa da súa proposta, e sae airoso do reto de lles pór cara a estes curiosos protagonistas.

 

O artista portugués desprega nas ilustracións unha xenerosa paleta cromática de cores cálidas, na que sobre todo predominan os brancos e os vermellos. A tipografía tamén é clave para destacar algúns momentos importantes no desenvolvemento da historia, sobre todo na parte final, que pecha maxistralmente o autor, grazas ao humor. Porque está é unha obra que convida ao sorriso, e o humor está presente de principio a fin.

 

Texto de Mar Pavón

Ilustracións de João Vaz de Carvalho

 

Tradución do castelán de Marisa Núñez