Colección
Esgotado

Petra

Helga Bansch

ISBN 978-84-9871-002-1

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 40 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación novembro 2007

«A gordura é fermosura!», dicíalle a súa nai, pero a Petra non lle gustaba a imaxe que lle devolvía o espello. Ela quería ser alta, esvelta e elegante, e sería capaz de remover ceo e terra para conseguilo. Pero cando coñeceu a Fortunato…

 


Descrición

«A gordura é fermosura!», dicíalle a súa nai, pero a Petra non lle gustaba a imaxe que lle devolvía o espello. Ela quería ser alta, esvelta e elegante, e sería capaz de remover ceo e terra para conseguilo. Pero cando coñeceu a Fortunato…

 

Petra é unha pequena elefanta que rexeita a súa gordura e soña cun físico diferente. Logo de que as súas expectativas quedaran feitas cachizas, e despois de moitos intentos frustrados por adelgazar mediante métodos que non se acomodaban á súa especie, á elefanta aínda lle queda algo por facer…

 

Coa esperanza de atopar unha solución ao seu «problema» comeza unha viaxe que propiciará un encontro moi especial, divertidas aventuras e, sobre todo, fará que comece a aceptar de bo grao a súa condición natural e a percibir a gordura dunha maneira non distorsionada.

 

Abofé que este conto representa unha metáfora da cultura actual e unha alegoría dunha sociedade que pese a que proxecta modelos moi afastados da nosa realidade cotiá, todos tratamos de imitar en van. Emporiso, o conto propón unha visión optimista, e transmítenos a mensaxe de que na autenticidade radica a chave para lograrmos a satisfacción persoal, e que os demais nos aceptan tal como somos.

 

A ilustradora austríaca, Helga Bansch, demostra unha vez máis, nesta ocasión tamén como autora, o seu dominio da psicoloxía dos nenos e das nenas. As ilustracións representan un contrapunto perfecto ao texto: Helga xoga cos detalles e cos personaxes secundarios e logra que con cada nova mirada ao libro descubramos unha nova lectura, máis rica e suxestiva.

 

Texto e ilustracións de Helga Bansch

 

Tradución do inglés de Eva Mejuto