Colección

Os tres porquiños

Raquel Méndez & Helga Bansch

ISBN 978-84-9871-596-5

14,90

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación marzo 2018

O porquiño máis novo non tiña moitas ganas de traballar e fixo, para resgardarse, unha casa de palla. O mediano traballou máis e fíxoa de madeira, pero, o máis vello tivo que traballar moito para construír unha casa de ladrillo. E cando chegou o lobo e soprou e soprou…

 


Descrición

O porquiño máis novo non tiña moitas ganas de traballar e fixo, para resgardarse, unha casa de palla. O mediano traballou máis e fíxoa de madeira, pero, o máis vello tivo que traballar moito para construír unha casa de ladrillo. E cando chegou o lobo e soprou e soprou…

 

Os tres porquiños é unha das narracións tradicionais máis coñecidas e de maior aceptación entre os máis pequenos. Bruno Bettelheim, na súa Psicanálise dos contos de fadas, destaca que tanto a simboloxía dos personaxes, como as accións que realizan e o posterior desenlace, pódense interpretar como metáforas do proceso de crecemento e desenvolvemento da personalidade. O neno, segundo Bettelheim, por medio da identificación con cada un dos tres bacoriños, aprende, dunha maneira sinxela que as persoas evolucionan e que medrar ten grandes vantaxes. Por iso é o porquiño máis vello quen finalmente vence o inimigo, combinando o esforzo, a intelixencia e a planificación racional.

 

Os tres porquiños simbolizan a evolución e o progreso do ser humano, desde o estado de inmadurez, ata a condición de adulto, en que aprende a manexar os conflitos de forma intelixente. O neno é quen debe sacar as súas propias conclusións.

 

Fiel á coñecidísima historia tradicional, o álbum presenta unhas imaxes sinxelas e divertidas co que o discurso visual resulta moi fácil de comprender. Helga Bansch, unha vez máis, dá claras mostras aquí da súa empatía co lector infantil, e xoga coa expresividade dos personaxes e cos pequenos detalles para enriquecer cada ilustración e estimularnos así a abrir o libro unha e outra vez.

 

Texto de Raquel Méndez, a partir dun conto tradicional inglés

Ilustracións de Helga Bansch