Colección

O soño de Xelá

Alexandre Honrado & Marta Torrão

ISBN 978-84-96788-72-5

14,50

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 96 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 15x20 cm
  • Publicación xullo 2008

«Non creo que se medre por ler un libro», fungaba Miguel. «Pois eu, cada vez que entro nun, saio diferente. Un levoume a coñecer unha illa habitada por un náufrago; outro á lúa, montado nunha bala de canón», dixo o avó, «Colle ese que está aí e ábreo pola última páxina. Ves o punto final?» Entón comezou a aventura… Miguel escorrega a través do punto final dun libro e cae nun delirante mundo de fantasía.

Descrición

Con Xelá, Álex se o lemos ao revés, navega por un río de vidro nunha bañeira de vapor con patas de león, viaxa por desertos de azucre… Esta é unha historia sobre o crecemento persoal, e sobre a importancia que os soños teñen na formación dos máis pequenos e no seu desenvolvemento posterior como adultos. O libro e a lectura representan unha ponte entre os soños, que todos precisamos, e a realidade de cada día.

No mundo do imaxinario todo é posible, e o protagonista, ao que non lle gusta ler nin imaxinar, vai descubrir o pracer da creatividade e a imaxinación, xunto coa afectividade. Desde o punto de vista plástico, Marta Torrão ofrécenos unhas ilustracións onde o seu particular imaxinario de personaxes adquire unha nova dimensión, máis depurada, na que xoga con dous niveis de acabamento: o debuxo a lapis en branco e negro para algúns momentos, e a recreación combinada de debuxo e colaxe a cor para os momentos de maior intensidade da historia.

Coa mestura do marabilloso e do fantástico, asentado na base do real, esta é unha historia para ler, reler e redescubrir en cada lectura. Velaquí unha ocasión para nos converter, como lectores, en creadores de soños, en loitadores sen armas.

Texto de Alexandre Honrado

Ilustracións de Marta Torrão

Tradución do portugués de Verónica Camiña