Colección
Esgotado

Maxia!

Charo Pita & Madalena Matoso

ISBN 978-84-9871-319-0

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación maio 2011

De súpeto, o bebé botouse a chorar. Óscar arrolouno, colleuno no colo… pero non acougaba. Cantoulle unha nana, paseouno pola casa… Non serviu para nada! Entón Óscar pensou: Este bebé ten fame… Buscou pola cociña, pero a neveira estaba baleira.

 


Descrición

De súpeto, o bebé botouse a chorar. Óscar arrolouno, colleuno no colo… pero non acougaba. Cantoulle unha nana, paseouno pola casa… Non serviu para nada! Entón Óscar pensou: Este bebé ten fame… Buscou pola cociña, pero a neveira estaba baleira.

 

Este conto de Charo Pita e Madalena Matoso incide na normalización da lactación que aparece contextualizada como parte intrínseca da vida dos nenos, das súas familias e da sociedade.

 

A mirada inocente do pequeno protagonista lémbranos a maxia que existe en moitas manifestacións da vida ?como a posibilidade de aleitar? e das que os adultos non somos plenamente conscientes por habituais.

 

E, mirando a compra con curiosidade, pensou: Que traerá para que coma o bebé? Tía Elisa deixou as bolsas, sentou no sofá e colleu o bebé, que non paraba de chorar. Despois desabotoou a blusa. Entón, o bebé quedou calado e empezou a comer. —MAXIA! –dixo o avó.

 

Os nenos viven nun eterno presente. Resúltalles difícil situarse nun futuro que vaia máis aló do mañá e o pasado limítase a onte. Por iso, é fácil comprender que Óscar recorra aos produtos que forman parte da súa alimentación actual para saciar o apetito do bebé (pasteis, cenorias, ovos, sardiñas e xamón).

 

Deste xeito, o seu periplo resulta divertido e, á vez, conmovedor porque Charo Pita preséntanos un neno que se desvela por axudar a un ser que nin tan sequera comprende e, a pesar diso, non desiste no seu empeño.

 

O Óscar ao que lle dá vida Madalena Matoso transmite á perfección a tenrura que esperta a súa responsabilidade e solidariedade espontánea e entrañable. “Eu simpaticei moito con el. Queda co bebé e non descansa mentres o pequeno non está feliz de novo. É un personaxe que se fai querer!”, admite.

 

A ilustradora lusa xa lle dera vida a un neno no seu último traballo para OQO editora Os mil brancos dos esquimós, terceiro Premio ao Libro Mellor Editado 2009 polo Ministerio de Cultura e tamén merecedor de dúas mencións nos Premios Visual VIII Edición, nas categorías de libro infantil e ilustración.

 

Ao igual que noutros traballos realizados para OQO (Quen levou a Lúa?), Madalena Matoso decantouse de novo pola colaxe, unha técnica coa que repite porque: “É coma un xogo. Fascíname como funcionan entre si as texturas e a conexión entre as cores. Acábanse formando un todo composto por microelementos”, argumenta.

 

Para este álbum, utilizou selos, etiquetas, códigos de barras, letras de calcar e ata unha bolsa grande de pan, “cunha fermosa impresión azul”, destaca a ilustradora. Ademais, algúns dos papeis recortados para as colaxes foran impresos en serigrafía.

Pola contra, as imaxes son sinxelas e coristas, aínda que destaca a presenzaa en tons vermellos, verdes e grises.

Neste terceiro proxecto para OQO, Matoso buscou que as súas composicións estivesen fielmente inspiradas na historia. Esta execútase principalmente en dous escenarios: dentro da casa (ao principio e final do álbum) e nos diferentes lugares aos que Óscar acode ao longo do conto para conseguir alimento para o bebé. Ao localizalo en cada un dos exteriores apoiouse nos detalles que sitúan claramente ao lector nunha panadaría, unha peixaría, unha horta e unha carnizaría.

Nas escenas na casa, as ilustracións de Matoso non se fan repetitivas, a pesar de que xogaba coa dificultade de que eran os mesmos personaxes na mesma localización. Para resolvelo, decidiu que, nas imaxes finais, debíanse “explorar máis as emocións”, non en balde é cando se produce a maxia! que a Óscar lle pareceu, como non, marabillosa.

 

 

Texto de Charo Pita

Ilustracións de Madalena Matoso