Colección

Hop Frog

Edgar Allan Poe & Alberto Vázquez

ISBN 978-84-9871-033-5

14,00

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 64 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 15x20 cm
  • Publicación marzo 2008

Como ao rei lle gustaban as bromas pesadas, pensou en burlarse do seu bufón, e fíxolle beber viño, a pesar de que sabía que o volvía tolo. A Hop-Frog empezáronlle a brillar os ollos e a renxer os dentes… foi entón, cando maquinou un plan para se vingar de todas as aldraxes recibidas.

 


Descrición

Como ao rei lle gustaban as bromas pesadas, pensou en burlarse do seu bufón, e fíxolle beber viño, a pesar de que sabía que o volvía tolo. A Hop-Frog empezáronlle a brillar os ollos e a renxer os dentes… foi entón, cando maquinou un plan para se vingar de todas as aldraxes recibidas.

 

Esta foi unha das últimas obras escritas por Poe, e publicada en 1849 —ano da súa morte—. Trátase dunha historia macabra de dor e vinganza na que o bufón protagonista decide tomar a xustiza pola man e acabar de vez, coas burlas e desprezos que os poderosos da corte lles dispensaban a el e á súa amiga Tripetta.

Hai quen di que Poe, na decadencia da súa vida, se identificaba con este personaxe tolleito e deforme do que todo o mundo se burlaba, e que con esta historia buscaba a vinganza simbólica de todos os que o desprezaban. No texto aparecen elementos recorrentes no imaxinario do autor: dentes que renxen como preludio da morte (Valdemar, Berenice…), personaxes disfrazados que confunden a súa identidade e teñen un desenlace fatal (Amontillado…).

Esta historia espertou a paixón de escritores como Baudelaire ou Cortázar, que traduciron o conto ao francés e ao castelán respectivamente; de músicos como Lou Reed ou David Bowie, que lle dedicaron temas musicais ao infeliz personaxe; e tamén dos cineastas Desfontaines e Taymor, que fixeron versións cinematográficas da obra…

 

Alberto Vázquez recrea con mestría, a atmosfera fúnebre da historia só co trazo, co branco e cunha reducida gama de cores. Con escasos recursos plásticos consegue unha grande intensidade expresiva, especialmente nas faces e olladas, onde mellor fican reflectidos os sentimentos e as emocións.

 

 

Texto de Edgar Allan Poe, en versión de Paco Liván

Ilustracións de Alberto Vázquez