Colección OQart
Esgotado

Gran libro dos retratos de animais

Svjetlan Junakovi?

ISBN 978-84-96573-79-6

19,00

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 48 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x35 cm
  • Publicación outubro 2006

A fermosa Armiño encargoulle un retrato en 1484 ao mellor pintor de Florencia e probablemente do mundo… Pola súa banda, un pingüín de orixe aristocrática comprácese en ser retratado, e alardea do seu poder, como un orgulloso animal renacentista; pero quen era en realidade este personaxe? Coincidiría no estudio do pintor con Federico de Montefeltro, duque de Urbino, algunha vez? E do autorretrato do León, podemos deducir que foi Durero o seu mestre?

 


Descrición

A fermosa Armiño encargoulle un retrato en 1484 ao mellor pintor de Florencia e probablemente do mundo… Pola súa banda, un pingüín de orixe aristocrática comprácese en ser retratado, e alardea do seu poder, como un orgulloso animal renacentista; pero quen era en realidade este personaxe? Coincidiría no estudio do pintor con Federico de Montefeltro, duque de Urbino, algunha vez? E do autorretrato do León, podemos deducir que foi Durero o seu mestre?

 

Con esta iniciativa, Svjetlan Junakovi? proponnos un xogo entre a fantasía e a realidade, unha particular galería, na que os animais ocupan un protagonismo na arte, ata o momento descoñecido. Compartir o gusto pola pintura cos máis cativos, abrir ventás á arte, romper as barreiras e propiciar que os máis pequenos ollen un retrato clásico… son algúns dos obxectivos que persegue este libro, co que OQO Editora se achega ao mundo da arte, en concreto ao da pintura, nesta primeira entrega da nova colección OQart.

 

Gran libro dos retratos de animais foi concibido por Svjetlan Junakovi? e OQO Editora, para dar testemuño de que ao longo da historia foron moitos os animais, que vestidos coas súas mellores prendas, posaron ante retratistas sobranceiros. Lonxe dos manuais de historia da arte convencionais, a verosimilitude dos retratos e as explicacións ao carón da imaxe, que o ilustrador croata presenta neste libro, xogan cunha base histórica, respectada ata o detalle, pero na que os animais se converten nos verdadeiros protagonistas. Por súa vez, as explicacións que acompañan á obra, ofrecen información sobre a época, o contexto, o artista, o animal retratado… pistas chave para quen desexe afondar no coñecemento dos cadros orixinais, punto de partida e inspiración dos retratos. Svjetlan Junakovi? realiza esta selección segundo as esixencias teóricas e prácticas das diferentes épocas (canons de beleza animal, costumes sociais, condicións de construción da imaxe no espazo…).

 

Cunha proposta lúdica e suxestiva, o autor advírtenos de que calquera semellanza con algúns dos máis famosos retratos do xénero humano será puramente casual. Porén, non podemos recoñecer no rostro fuxidío e indescifrable da Armiño, á Dama de Leonardo da Vinci? Que oculta o crime do polo na bañeira? A quen se dirixe a carta que está escribindo? Ten este polo algo que ver co revolucionario Marat, asasinado en circunstancias similares? Morte e beleza envólvense nunha mesma túnica de enigma e misterio… Estas e outras cuestións, nunca resoltas na súa totalidade, espertarán a curiosidade do observador acerca desta especial galería, insólita ata o momento na historia da arte.

 

Mención de Honra BOLOGNA RAGAZZI AWARD 2008 PREMIO ANDERSEN-IL MONDO DELL’ INFANZIA 2008 PREMIO AO LIBRO INFANTIL E XUVENIL MELLOR EDITADO 2007, outorgado polo Ministerio de Cultura Diploma nos PREMIOS VISUAL DE DESEÑO de libros 2007 T

 

 

Texto e imaxes de Svjetlan Junakovi?

Tradución de Antón Fortes