Colección

É o meu aniversario

José Campanari & Simona Mulazzani

ISBN 978-84-9871-403-6

8,10

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 22 páxs.
  • Encadernación cartón
  • Medidas 17x16cm
  • Publicación setembro 2012

—Arriba, durmiñón! Sabes que día é hoxe?

Pasar de cumprir meses a celebrar o primeiro aniversario é todo un acontecemento, do que o noso protagonista nos fai partícipes a través do tacto. Este sentido é o que guiará o neno no coñecemento de sensacións.

Descrición

As ilustracións son moi claras con respecto ás expresións da cara, que reflicten cada unha das emocións que está vivindo o pequeno no seu contacto co mundo.

Deste xeito, texto e imaxes mostran que se trata dun día especial: hai caricias, bicos, torta e o primeiro agasallo; con el, tamén, o primeiro sentimento de amizade: Oso dáme un abrazo. Ten a cabeza un pouco sucia. Xa somos amigos!

Texto de José Campanari

Ilustracións de Simona Mulazzani

Tradución do castelán de Laura Rubio